mércores, 25 de novembro de 2015

Marabillas castrexas

Esta entrada decidín dedicala aos fantásticos tesouros castrexos e pre-históricos que foron atopados en terras galegas, contan con un valor inmenso xa que foron realizadas en ouro. Os castrexos eran uns grandes orfebres que deixaron un legado admirable.


torque de bisutería actual
torque castrexo de oro mazizo
Eu, como grande apaixonada das xoias vou facer una visión xeral de todos aqueles tesouros atopados especialmente na comarca de Ferrolterra. Aínda que estas xoias son pezas destinadas ao desfrute, exhibición, mostra do poderío, non teñen nada que ver co concepto que hoxe en día temos delas pero gostaríanme destacar que moitas pezas de xoiaría e bisutería actual están inspiradas nestas, como se pode observar nos torques, pezas castrexas por excelencia e que se atoparon en maior cantidade no noroeste e que varían según na zona xeográfica na que foron atopadas. Outro exemplo é, os aros (a cultura castrexa chamábaos arracadas) que moitos homes e mulleres utilizan como pendentes, xa foron elaborados polos castrexos cun valor simbólico ou de poderío, así tamén como colares, diademas. Os castrexos foron os primeiros xoieiros que traballaron en materiais tan valiosos como é o ouro e a prata e mantense case intactos ata hoxe.



arracada castrexa ou pendente
Moitos historiadores centraron parte da súa investigación neste tema como por exemplo López Cuevillas e Vicente Risco que participaron nas escavacións do Castro de San Cibrao de Las:

“El estudio de este castro empezó con una primera visita al yacimiento por parte de Florentino López Cuevillas y Vicente Risco en el año 1921. La impresión extraída de la observación en esta visita les condujo a solicitar los correspondientes permisos para realizar una excavación oficial. Estes permisos fueron otorgados al año siguiente.” Párrafo extraído da Wikipedia

Os tesouros castrexos atopados e conservados non son moitos debido a que moitos foron roubados ou vendidos parcialmente ou na sua totalidade, o que consta de maior valor e o tesouro dos Gil, en Lugo. En Ferrolterra atopouse o chamado Tesouro de Bedoya, este tesouro está formado por pezas de ouro de orixe castrexa e por aneis de ouro e prata aínda que a suas pezas clave son as moedas. Este tesouro foi atopado na localidade ferrolana de Serantes e o seu nome debese ao apelido da familia que protagonizou o descubrimento, esta familia tiña o seu orixe no País Vasco. Este descubrimento marca un antes e un despois na historia da arqueología galega, ao aparecer xoias prehistóricas asociadas con moedas, algo que viña sucedendo no resto da península Ibérica, algo totalmente novo en Galicia naqueles tempos. O descubrimento produciuse no principio dos anos 40 cando D. Francisco Bedoya Fojo, mandou limpar as pedras dunha eira contigua á casa onde vivía. O servente encargado da limpeza traballaba á altura dun antigo pozo (hoxe garaxe) cando despois dun golpe de sacho atopou un pequeno recipiente de bronce con algo que brilaba no seu interior, semellando ser píntegas; sorprendido, buscou ó seu amo, que a lombos dun cabalo, achegouse ata o pozo. Ante a importancia do achado, temeroso de que se soubese o que alí aparecera, ocultouno no faiado da casa, onde estivo gardado durante uns 10 anos. Pasado este tempo, D. Justo Bedoya (fillo de Francisco) leva á súa filla a Santiago a unha consulta médica o cal o médico era un gran afeccionado á numismática e coñecendo esta afección confesaronlle o que tiñan gardado. Inmediatamente o doutor comentoullo ó seu amigo D. José Filgueira Valverde (Director del Museo de Pontevedra) e xuntos acordaron que na próxima consulta da familia Bedoya, levasen as pezas en cuestión, unha vez o tesouro estivo en Santiago, tras verificar súa autenticidade, D. J.Filgueira Valverde incitounos a depositalo nun museo.

O tesouro consta de:
tesouro de Bedoya

-1 diadema de ouro.

-2 arracadas de ouro, de tipo arriñonado.

-2 arracadas de ouro, de tipo laberintiforme.

-1 anel signatario de ouro, con entalle.

-1 anel de ouro, cunha pedra (amatista) engarzada.

-2 áureos, datados entre os anos 54 e 85 d.C.

-27 denarios de prata, datados entre os anos 63 a.C. a 91 d.C.

-1 recipiente de bronce, que foi onde apareceu o tesouro.

Outros tesouros dignos a mencionar son os de:

O Tesouro de Recouso

Atopado no 1921, durante a realización de tareas agrícolas, foi hallado casualmente o coñecido como Tesouro de Recouso no Castro do mesmo nome na parroquia de San Martiño de Marzoa na provincia da Coruña. Esta composto de:
tesouro de Recouso

-Un macho de corchete.

 -Dous trozos de diferentes cadenas.

-Tres argolliñas incompletas e en pedazos.

 -Sete medias luas.

-Oito colgantes

Tesouro de Elviña

tesouro de Elviña
Nunha excavación arqueolóxica de 1947 apareceu a primeira peza de ouro, un fragmento, que anunciaba o hallazgo, anos máis tarde, do conxunto de diadema, gargantilla e colar coñecido como "Tesouro de Elviña", que pode contemplarse hoxe no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón na Coruña. Este tesouro foi atopado nas excavacións do castro de Elviña. As escavacións de este castro atópanse actualmente paralizadas.

Tesouro dos Gil

Consta de corenta pezas, na súa inmensa maioría de ouro, compoñen a que sen dúbida é a principal colección de ourivería castrexa que existe en Galicia. Pezas, como o torques de Burela ou o Carneiro Alado de Ribadeo fan parte deste conxunto. E consta de:

-Lámina de tiras de Monte dos Mouros
sala do museo onde atópase

-Torques de Burela

-Torques de prata de Mondoñedo

-Arracadas de Valiña/Masma

-Carneiro alado de Ribadeo

Actualmente despois de anos de indecisions decantaronse por depositalo no museo arqueolóxico de Lugo.

Tesouro de Caldas de Rei

Este tesouro é un conxunto de 36 pezas por un total de 14,9 kg de ouro de máis de 20 quilates. O tesouro apareceu no 1940. O seu descubrimento realizouse cando varios homes estaban colocando esteos para unha viña nun terreo acabado de rozar, cando Amalio Touceda Devesa, ó facer un burato na terra, observou que co ferro que estaba a cravar saía un pedazo de ouro. Xunto cos outros obreiros que traballaban con el, escavaron e atoparon o tesouro tan só a uns 20 cm de profundidade. O tesouro estaba directamente na terra, sen recipiente ningún.

Os descubridores decidiron calar o achado e proceder á súa venda ós poucos, pero foron descubertos en xuño de 1941 pola Garda Civil, que procedeu a intervir o que lles quedaba e avisar ós expertos. Fermín Bouza-Brey, como Comisario provincial de Escavacións Arqueolóxicas, acudiu ó cuartel da Garda Civil e recoñeceuse o valor histórico e arqueolóxico do achado. Ese mesmo día depositaron o tesouro no Banco de España de Pontevedra. A noticia do achado apareceu no Boletín da Real Academia Galega no 1942.

Como se vendeu boa parte dos obxectos que conformaban o tesouro, resulta imposible saber con exactitude a súa composición. Polas declaracións dos descubridores suponse que podería estar formado por uns 25 kg, dos que se conservan 14,9 kg. Das mesmas declaracións dedúcese que o que se perdeu foron lingotes, non ningunha peza singular.

Recentemente se descubriu outro tesouro, este dentro da cidade, que se deu en denominar Tesouro de Caldas II, algo posterior ó principal. Está formado por un aplique cónico e 53 finas láminas enroladas en forma de pequenos tubos, que se supón proceden dunha diadema de liñas que foi troceada.

tesouro de Caldas de Rei
O tesouro consta de:

-Tres vasos ou xerras, cunha asa.

-Un peite con tres semicírculos.

-31 lingotes anulares, un de gran tamaño (21 cm de diámetro máximo e 870 g de peso) e o resto de tamaños comprendidos entre os 13 e os 7 cm de diámetro. Inicialmente estes elementos foron considerados como un torque e brazaletes pero agora se asume que son simplemente lingotes de ouro en forma de anel, este remata en dous remaches planos cun burato, fórmula claramente distinta da empregada noutros torques coñecidos, e que permitían abrir e pechar o aro con facilidade. Tres destes lingotes mostran sinais de haber sido cortados e dobrados polos descubridores.

-Seis fragmentos que formarían parte dunha lámina de tiras.

O tesouro da Fonte Branca

Este tesouro é quizais o que máis carácter mitolóxico ten e conta que en Mazaeda de Neiro, A Fonsagrada (Lugo), hai unha finca na que se encontraron restos de espadas dos castrexos que alí vivían nunha casa chamada a Rebordela.
A xente lembra unha fonte branca na que din que se encontraba un tesouro. Fai dous anos remexendo entre pedras e lousas atopáronse os restos daquela suposta fonte que agora é cor cinza abrancazada, pero non do tesouro.

municipio de Neiro
Para concluír este traballo, en Galicia atóparonse moitas pezas castrexas cun valor incalculable pero moitas veces non son coñecidas polo que eu destaco que deberíanse levar a cabo labores de divulgación e así como visitar os museos onde se atopan porque para toda persoa aficionada tanto a historia como as xoias creo que é algo único e un orgullo que foran atopadas nesta terra e cantos tesouros aínda quedan por descubrir se se impulsaran labores de arqueoloxía e os gobernos dedicaran cartos a estos traballos.

Vos deixo tamén un test que fixen e nel poderedes comprobar como andan os vosos coñecementos sobre a historia de Galicia a grandes rasgos
TEST

Ningún comentario:

Publicar un comentario