martes, 24 de novembro de 2015

Na busqueda do castro perdido


Hoxe andamos de visita por San Sadurniño, o meu pobo natal. A maioria dos que ali vivimos descoñecemos a existencia de castro algún, pero a realidade é que a zoa do val do Xuvia debía de poseer grande importancia para os seus habitantes, xa que estructuraron un complexo defensivo para defendelo.Este complexo estaba formado por 5 castros situados en lugares elevados e de forma que nalgun caso existía un contacto visual directo entre eles.

Nesta imaxe observanse en vermello os puntos onde estaría situado un castro




Coa intención de arroxar un pouco de luz sobre este tema , dous compañeiros e mais eu tomamos o camiño cara un dos castros tendo que atravesar o pequeno monte no que se encontraba e que actualmente pertence a un venciño que utiliza os terreos para a plantación de eucaliptos. Segundo vamos avanzando vamonos dando conta de que ese era o terreo idoneo para un castro, dada a sua situación elevada que fai lixeiramente tediosa a ascensión. Apiadome dos pobres invasores que tivesen a mala idea de tentalos invadir.



No noso traxecto vamos documentando fotograficamente todo mentres tentamos situar o espazo no que se atoparía o castro. Xa levabamos un bo tempo subindo cando apreciamos como o balado dun terreo ía collendo forma circular. Parecían apreciarse pedras colocadas en forma de muro e ilusionados comezamos a investigar.Chegando incluso a situar o que podería ser unha das vivendas. Foi nese preciso intre cando recibimos o aviso de que estabamos a buscar no sitio equibocado e que a zoa que buscabamos quedaba mais costa arriba.

Confundimos as rochas propias do terreo con vestixios do muro do castro

Cada vez que atopabamos unha pedra crecía a nosa ilusión

A forma curvada do terreo facianos pensar que estabamos no castro

Nesta panoramica apreciase a forma do terreo que creiamos castro


Coa moral un pouco tocada dispuñemonos a subir rapidamente para aprobeitar ao máximo o tempo antes de que se fixese de noite.Conforme nos achegamos ao cumio ia crecendo en min a sensación de trasladarme no tempo, de non ser porque no canto de carballos había eucaliptos, podería estar perfectamente na Gallaecia romana metendome na pel do pobre soldado que tivese a misión de achegarse ao castro, cargado co seu pesado material militar.

Sendeiro que conducía ao cumio do monte onde se situaba o castro


Foi chegar ao cumio e saber que eso tiña que ser un castro.Non se observaba nin un so resto de pedras a simple vista pero tan so con dar un paseo ao seu redor daste conta de que esa forma circular nun terreo tan plano non pode ser casualidade.Paramonos un pouco para observar as vistas (inmellorables tanto estetica como defensivamente) e documentar un pouco mais o noso paso por ali.

Apreciase a forma do que poderían ser os muros do castro

Aqueles lugares non saturados de eucaliptos deixaban relucir unhas vistas privilexiadas




É certo que non había "nada" pero á vez o tiña todo. Tan so se observaba a forma do que fora, pero non facía falta nada mais. A imaxinación faría o resto.



Compre dar as gracias aos editores dos blogs Galiciémonos(Pablo) e Galiciamamos (Jorge), cos que realicei de forma conxunta esta incursión na busqueda do pasado.


Xeolocalización do castro

Ningún comentario:

Publicar un comentario