martes, 24 de novembro de 2015

Os Lares. Unha tradicción galega?

O noso profesor díxonos que tiñamos que aprender a mirar o noso arredor doutra forma.Eu pensei que para facelo precisaba de informarme un pouco mais da mitoloxia celta porque asi comprendería mellor por que facían as cousas.Entre páxinas e blogs, vin escrita a palabra "Lar".Sabía que os Lares eran deuses romanos e preguntábame que terían os lares que ver coa tradicción celta. Seguin procurando información e dinme conta de que algo que endexamais relacionaria sequera con Galicia, tiña a sua orixe nela.

Lares romanos: deuses xeralmente adicados á protección dos fogares



No proceso de Romanización,os romanos levaban a cabo unha asimilación cultural que ían adaptando segundo o pobo. No noroeste da península funcionaron con especial efectividade os "Lares Viales", deuses protectores dos camiños que arraigaron forte na cultura celta, que xa contaba cunha serie de ritos (asociados ao deus Lug) para a protección dos camiños.Polo tanto bastou con renomear eses ritos, mantendo a tradición pero chamandolles aos deuses; Lares no canto de Lug.
Lug: deus mais importante da mitoloxía celta que  relaccionaban con todas as cousas 

Pero a verdadeira importancia deste feito reside en que a sua tradición chega ate o dia de hoxe. Os romanos non fixeron mais que cambiarlle o nome á deidade pero o rito ,consistente en amorear pedras ás veiras dos camiños para agradecerlle aos deuses o feito de chegar a salvo ao seu destino, seguiu perdurando secúlos e séculos, sobrevivindo ao cristianismo que limitouse de novo a cambiar o receptor das oracións e añadir unha cruz a esas moreas de pedras(milladoiros) ,formando o que hoxe coñecemos como cruceiros.

Distribución dos altares a Lares Viales encontrados en todo o imperio romano
Sobre este tema escribiu Castelao que no seu libro,As cruces de pedra na Galiza.E aínda que non fai referencia directa aos Lares si menciona o pasado celta dos cruceiros que reside nos milladoiros ou amilladoiros.

Portada de As cruces de pedra na Galiza

Pouco se sabe sobre os Lares ou polo menos é pouco coñecido, pero o certo é que teñen unha grande importancia na nosa cultura se nos paramos a pensar que temos  descubertos en Galicia mais do 50% do total de altares adicados a estes deuses dos camiños en todo o imperio romano.

Altar adicado aos Lares Viales ou deuses protectores dos camiños

O mesmo que pasa con estos altares pasas cos monumentos megalíticos e restos prehistóricos, e é que Galicia posee unha enorme colección de restos antiquísimos aos que apenas lle damos importancia. Pero non porque non nos interese ou non sexamos bos habitantes da nosa terra, senon porque levan tanto tempo formando parte da nosa tradicción e da nosa vida cotiá que xa somos incapaces de recoñecelos como algo magnifico e digno de admirar.

Para saber un pouco mais dos Lares romanos e da súa evolución deixovos unha breve presentación:



Ningún comentario:

Publicar un comentario