martes, 24 de novembro de 2015

Calendario galego celta


Poño o meu traballo do calendario galego celta e inclúo o meu video:




Quero facer unha comparación entre o calendario celta galego, e como celebramos esas festas na actualidade.Comecemos falando de como era o calendario celta.Este calendario está dividido nos Sabbats (año Wiccian) e cóntanos a historia de deus do inverno e a deusa do verán. que son os distintos momentos e datas do calendario. Podemos dividilo en Sabbats maiores e menores:
Os sabbats maiores están determinados polos solsticios e equinoccios, que fan as estacións. Estas datas son:
  • O samhain: Se fai o 31 de Octubre, é unha das fechas máis importantes. É o festival do fogo e representa a morte do Deus para logo renacer, marcando o fin do ciclo. Nesta celebración invócase aos espíritos amigos tratando de conectar cos amigos e familiares falecidos, e poñen na mesa un prato máis para eles.




Pero na actualidade o Samhain en Galicia é diferente e está relacionado coa lenda da Santa Compaña. Chámase “o día dos mortos” e a xente o celebra de diferentes maneiras. Por exemplo é normal o magosto onde as familias e amigos xúntanse e asan castás. Pero tamén é moi común o Halloween que é propio por exemplo de Estados Unidos pero os nenos pequenos disfrázanse, decoran calabazas, etc.





  • Imbolc: Se fai o 2 de Febreiro, no medio do solsticio de inverno e primaveira, porque a natureza comeza a espertar. O orixen desta festa é que se celebra a festa de Brigantia onde a deusa volve ao inframundo.




Pero na actualidade, para os cristiáns é a festa da Candelaria onde se soe realizar no sur. A xente colle leña, romeu, etc e fan unha fogueira e bailan entorno a ela. Tamén reúnense as familias, amigos, veciños para comer e reunirse entorno a foguera.




  • Beltane: Se fai o 1 de Maio. Simboliza a unión sexual do deus e da deusa, na que queda emabarazada e polo tanto a primaveira alcanza o seu punto máis alto. Tamén teñe unha relación agrícola.




Na actualidade non sábese moi ben como se realiza esta festividade. Pero antigamente se facían duas fogueiras e facían que as vacas pasaran por en medio delas para dar sorte. E actualmente se soe facer tamén esta costume pero en moi pouca medida, casi nin se coñece.




  • Lammas ou Lughnasadh: Se fai o 1 de agosto. Se celebra a fertilidade da deusa, e está relacionada coa primeira colleita. Identificouse co deus celta Lugh.



Na actualidade en España non se celebra, pero por exemplo en lugares como Perú si.



E os sabbats menores están basados nas antigas festas populares.

  • Yule: Se fai o 21 de Decembro, é o momento onde comeza o inverno, que é o renacemento do deus. O celebraran queimando troncos de Yule nunha fogueira como se fose un agasallo para os Deuses.




Pero na actualidade o coñecemos porque é o día que ten a noite máis larga e menos horas de luz. Onde os cristiáns celebramos o 24 que é o día de Noiteboa onde é a víspera do día de Navidad. E o 25 de decembro que é o nacemento de Xeús entón é o día de Nadal. As familias, estos dous días soen reunirse xuntas a comer.




  • Ostara: Se fai o 21 de Marzo. É o equinocio de primaveira, cando a noite é o día son iguais. Veñe da lenda dunha deusa nórdica chamada “Eostre”, e facíanlles ofrendas colocando flores e quemaban incensos de flores.




Na actualidade non se celebra ningunha festa relacionado co inicio da primaveira.

  • Litha: Se fai o 21 de Xuño. É o solsticio de verán, é o día máis longo do ano e comeza o verán. Sinmboliza que como a deusa está embarazada, está no momento medio do embarazo, sendo o momento máis glorioso.




Na actualidade corresponde á noite de San Xoan que é o 24 de Xuño, no que se vai por exemplo a unha praia o a un campo e fanse unhas fogueiras. Porque simboliza que é o momento no que o sol (o lume) está máis potente e cando pasen os días perderá intensidade. A tradición é saltar sobre o lume e pedir un desexo, e tamén tirar papeis con propósitos para que se cumpran.




  • Mabon: Se fai o 21 de Septembro. É o equinocio de Outono, onde se fai o segundo festival da colleita. Simboliza a época onde o deus prepárase para morrer en Samhain. É dos últimos días onde o día e a noite teñen a mesma duración, e entón comeza todo a decaer, e celebraran o día cun banquete de cereais, froitas, etc das suas colleitas.




Na actualidade nesta data celébrase a festa de San Mateo, polo apostol Mateo. Dase en todos os lugares de España. Por exemplo aquí en Galicia se fai unhas festas con música, ambiente, etc.



En conclusión, a maioría das nosas festas teñen un por qué nunha orixe lóxica, e como os nosos antepasados foron celtas, deixáronnos unha cantidade de celebracións como poden ser estas. E que a día de hoxe, aínda que son diferentes, seguen tendo esa esencia relacionada cos celtas. E ademais as datas son moi similares as nosas polo que terían unha gran orientación co tempo similar a nosa. Sin dúbida é incrible.













Ningún comentario:

Publicar un comentario