martes, 24 de novembro de 2015

É só unha lenda?

Vos deixo aquí o meu traballo sobre os mouros e o meu prezi:



Os mouros sempre foron una lenda moi coñecida en Galicia. Pero se fose só una lenda… por qué se fala tanto dela?



Quero falar un pouco deste tema e dar algúns razonamentos lóxicos a esta incrible lenda:
Os mouros SI existiron, pero non como cóntanos as lendas. En realidade foron uns homes morenos (xa que as características xenéticas desta época e nesa zona predomina a xente morena sobre a loura).
Facían unha vida normal, coma calquer ser humano, como xa vimos anteriormente, que actuaban de maneira normal, cazaban, bailaban, etc.


Tiveron que contruír as suas propias moradas, e por iso se dí que son os creadores dos castros, porque en realidade non serían castros, senón que serían casas de pedra xa que era o material máis abundante, e os teitos sería de calquer material que non fose pesado como a madeira, follas, etc. Os petroglifos tamén serían creados por eles, xa que non teñen explicación, e como vimos dende o paleolítico, os debuxos sempre foron relacionados con animais, as persoas,.. E neste caso non teñen nada de parecido, polo tanto podería ser feitos por eles.


Tamén se di que vivían no subsolo, pero esto podería explicarse en relación de que nas mamoas (que tamén foron creadas por eles) os seus mortos vivían no susbsolo, entón ao facer as mámoas, entenderíase que eles vivían alí pero en relidade serían os seus mortos. Tamén poderíamos relacionar este subsolo co argumento que din que viven na escuridade, na noite, xa que nestes lugares estaría todo escuro.


Pero en realidade, se coñecen máis por posuír grandes cantidades de tesouros de ouro. Pero isto é algo normal nestas épocas, por exemplo en Exipto os faraóns enterrábanos cos seus tesouros que posuían durante toda a sua vida para o momento da morte. Isto podería relacionarse cos mouros, xa que como en todas as sociedades, os que tiñan más ouro serían máis poderosos. E por esa mesma razón dise que gardan tesouros de ouro, que se atopan debaixo de castros por ejemplo, xa que trás vivir alí, co paso do tempo acabarían soterrados.


As mouras tamén sería un tema moi recurrido na lenda, estas mulleres descríbense como moi fermosas, louras, etc. É moi lóxico porque por exemplo na época grega a beleza tería que ser harmónica e proporcionada, e en Exipto a belleza tiña que ser xoven e moi ornamentada. Isto tería relación con que as mulleres foran tan bellas que chamaban a atención. Porque en realidade non encandilaban aos homes con bicos, senón pola sua beleza que tiñan.

Polo tanto, se é certo ou non esta lenda nunca o saberemos... Que cada un reflexione sobre estes argumentos e coa lenda dos mouros. Pero sin dúbida é que isto seguirá dando de que falar.

Tamén se pode ver o prezi aquí: 

http://prezi.com/h7cmahfsrwhi/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share

Ningún comentario:

Publicar un comentario