venres, 11 de decembro de 2015

Test electoral


 Resultado de imagen de a quien voto

 Como andades atarefados coa análise dos programas electorais dos partidos políticos nas eleccións do 20D, penso que podería ser interesante que avaliedes persoalmente a vosa ideoloxía. Na rede existen varias ferramentas ou test que poden axudarvos na procura da vosa posición persoal.
Un deles é a web "A quién voto", onde tamén toparedes información sobre os partidos nos que estades a traballar para o debate da vindeira semana.  Abonda cun par de minutiños que lle adiquedes para que teñades "pistas" sobre as vosas preferencias electorais.E se queredes botar unhas risas, aquí tedes unha mirada "alternativa" sobre a cuestión

Posted by Pablo Moreno Granados on Martes, 15 de Decembro de 2015

luns, 7 de decembro de 2015

Un Bollo de 200 pstas

1,2,3....LUME!
Así remataba a vida de Bollo, un xoven mozo criado polos meus bisavos ,Mercedes e Francisco, que foi victima do réxime franquista sen terse pronunciado nunca a nivel político.Como el, multitude de mozos eran obrigados a  alistarse no bando "nacional" e ir a loitar á fronte.Se se negaban ou desertaban, serían castigados e incluso executados así que so lles quedaban dúas opcións, ir á fronte sabendo a sorte que lles esperaba, ou agocharse nos montes ou en agochamentos dentro de casas de familiares.

Bollo creceu en Prospes baixo o coidado de Mercedes.Tratabano como un fillo mais, e gozaba do cariño sinceiro por parte da súa familia "adoptiva".Tiña dúas irmás que vivían en cidades diferentes, unha en Ferrol e outra na Coruña.Pasou a sua mocidade tranquila, traballando como faría calquer mozo da idade da época, ata que chegou o ano 36.Coa maioría da idade xa alcanzada, foi chamado a filas polo bando golpista, o cal impuxérase de forma moi rápida no territorio galego, para loitar en cruzada contra todos eses "roxos" que traerían o fin de España coas súas ideas comunistas e ateas.El oía á xente bromear acerca dos roxos, dicindo: "cando chegue o comunismo, eu pidome a muller do médico, el que se quede co meu coche... jajajajajaja".Pero non lle facía gracia, porque tiña que morrer por algo que nin lle ía nin lle viña?so quería que lle deixasen vivir en paz a súa humilde vida labrega.

Amando Romero Catrillón e o leite galego

"Días pasados, durante su estancia en la coruña, el ministro de Agricultura, señor Diaz Ambrona, visitó la Granja Diplomada que D. Francisco Romero Rey posee en San Saturnino(Prospes), que es verdadero modelo en su género y la primera en Galicia.Lo acompañaban los directores generales de Coordinación, Capacitación, Agricultura, Ganadería, Concentración Parcelaria, Vivienda: gobernador civil, señor Avendaño Porrúa, y otras autoridades.Recorrieron las instalaciones y comprobaron su excelente disposición, de acuerdo con los últimos adelantos. Las referidas personalidades felicitaron a los propietarios de la Granja Diplomada, que próximamente pondrá a la venta en La Coruña y El Ferrol leche certificada cruda de primerísima calidad.La puesta en marcha de la Granja Diplomada de San Saturnino(Prospes), ha sido posible gracias a la decisiva colaboración de autoridades de La Coruña y organismos en relacción con estas cuestiones."

Asi aparece reflexada a noticia da inauguración da primeira explotación de leite fresca certificada en toda Galicia nunha edición da Voz de Galicia de 1966, e que poderiamos situar como punto álxido da vida dun personaxe que sempre dara que falar.

Imaxe da noticia orixinal

venres, 4 de decembro de 2015

Historia de Evaristo Moreira Novo




Evaristo Moreira Novo nace na parroquia de Sillobre o día 22 de decembro de 1914. Fillo de Nicolás Moreira Lopez e de Andrea Novo Echevarria, nace no seo dunha familia moi humilde de pais labradores. Ten un irmá maior, chamado Antonio co que traballará posteriormente.

A sua infancia transcorre en Sillobre, no que o seu avó materno, Jose Novo, lle da clase , xa que este impartía clases na súa casa . Tamen tiña que traballar nas tarefas do campo para a subsistencia.




Si ou si

Esta é a historia do meu bisavó, que foi reclutado para exercer de Garda Civil durante os anos da Guerra en lugar de participar nela.

Vicente Martínez Abad naceu no ano 1911 no Viso pertencente a parroquia de Vilasantar na Coruña, casou con 22 anos con Concepción Platas Fernández nada tamén na mesma parroquia. A súa voda celebrouse tamén nese localidade.

Durante os primeiros anos de casados trasladáronse a vivir a Présaras onde o meu bisavó traballaba na terra e a muller traballaba na fábrica de liño de Présaras na que realizábanse colchas, alfrombras, sábanas...era propiedade dunha familia coruñesa pero máis tarde pasou a mans duns empresarios cataláns,  que anos despois como non marchaba como querían terminaron por plantarlle lume desaparecendo a fábrica por completo, polo que puido xubilarse pero moita xente quedou sen traballo. A maioría dos traballadores eran mulleres. Concha foi a primeira muller da familia en traballar de maneira remunerada.

Vicente, pola contra traballaba no campo e coidando os fillos. Tiveron seis fillos entre os que se encontra a miña avoa Celsa.

No ano 36 foi reclutado ao cuartel da Garda Civil de Touro (Arzúa) traballo que exercería pola forza e con gran pena por todo o que mandabanlle facer. Xunto cos seus compañeiros e dirixidos por un superior eran obrigados a vixiar as aldeas da zona en busca de xente contraria ao réxime, xa que moitos se escondían en palleiros, nas cuadras, nos hórreos, nos montes ou onde podían. 

xoves, 3 de decembro de 2015

Querida Xosefa:



                                                                                                     Ferrol, a 13 de agosto de 1920.


                     Querida Xosefa:



Escríboche esta carta para poñerte ao corrente de como van os trámites para poder embarcar rumbo á Habana.  


Xa  me explicou o meu irmán Vicente que tiña que ir ao Xulgado Municipal de Serantes a solicitar a Carteira de Identidade. Os que queremos emigrar  debemos acreditar  todos os datos que nela  se solicitan.

E non sabes o primeiro que me preguntaron cando cheguei alí? Pois que como se chamaban os meus pais, que cando nacera, en que sección do Rexistro Civil estaba asentado… Como o ía saber eu! 



Despois, un funcionario puxo as pegadas de todos os meus dedos nesa especie de pasaporte, cubriu a folla na que había que deixar constancia de que eu non tiña ningún antecedente penal no Rexistro e outra na que debía aparecer  a miña situación militar. Aos meus trinta e dous anos estaba claro que xa tiña licenciado, pois fun do reemprazo de 1.909 !
Fixéronme dar moitas voltiñas!


Onte fun á Coruña amañar os papeis  que me faltaban. Primeiro tiven que ver a un Inspector de Emigración para que me autorizara o embarque para A Habana e despois dirixinme ao consignatario da compañía de vapores “NEW YORK & CUBA MAIL S.S. Cº (WARD LINE)” para comprar a pasaxe. Non quixen dicircho antes, pero tiven que pedirlles aos meus irmáns os cartos que me faltaban porque o que tiña aforrado non era suficiente.


Agora sei que vou embarcar no vapor Orizaba e que a saída é de aquí a tres días. Nunca fixen unha viaxe en barco. Pensar que teño que estar tantos días no medio do océano sen ver terra firme dame moito respecto mais, non teño outra alternativa, teño que partir.


Aínda non comprendo como puiden chegar ata aquí e tomar a decisión de marchar pero a falta de traballo e non atopar unha saída para enfrontar o noso futuro me deu pé e forzas para buscar unha solución. Din que en Cuba hai traballo para todos. Non podo deixar pasar esta oportunidade e teño que tentar buscar fortuna, como xa fixeron antes outros veciños do Souto.

É moi difícil para min escribir esta carta de despedida. Non sei cando volverei  a verte. Eres o que máis quero neste mundo. Cúidate moito e pensa que cando mires as estrelas … nelas nos atoparemos.



                         Sempre teu,

                                                                      Ramón.


QUERIDAS AVOAS.

       

          


Aquí vos deixo as conversas coas miñas avoas. O primeiro audio é de Luca e o segundo é de Olga.




Mestura de ideas

Os deixo aquí o meu traballo:

Este traballo consiste nunha mestura de ideas, experiencias, que quero compartir con vós sen que se me quede nada por dicir.
  • Información atopada

Trás moito tempo de investigación, de revoltas, de papeleo, conseguín algunha información e algunha fotografía que proporcionoume a miña avóa. E como quedeime descontenta polo mal traballo sen información, vou poñer o que encontrei. 
Unhas fotografías que conseguín foi do meu bisavó paterno Mario Caneiro, que naceu en Ferrol e por él a miña familia acabou máis tarde toda en Ferrol, como xa contei anteriormente. 
Esta fotografía é das rondallas de Ferrol de 1936, uns meses antes de que estalase a guerra civil. 



martes, 1 de decembro de 2015

SPANISH BOMBS

SPANISH BOMBS

Xa que hai uns días falamos na clase sobre a Guerra Civil, aproveito para ensinarvos unha canción que fixo The Clash en honor aos revolucionarios da Fronte Popular.


A letra traducida:

Cancións españolas en Andalucía
Os campos de tiro nos días do 39
Oh, por favor, deixa a fiestra aberta
Frederico Lorca morreu e foise
Buracos de bala nas paredes do ceminterio
Os coches negros da Garda Civil
Bombas españolas na Costa Rica
Estou voando nun DC 10 esta noite

Bombas españolas
Eu quérote infinito
Eu quérote
Oh, meu corazón

Semanas españolas no meu disco-casino
Os loitadores pola liberdade morreron na colina
Eles cantaban á bandeira vermella
Eles vestían a negra
Pero despois de que morreran foi a colina do ruiseñor
De regreso a casa os autobuses explotaron
A tumba irlandesa estaba bañada en sangue
Bombas españolas destrúen os hoteis
A rosa da miña señoriña foi cortada de raíz

Bombas españolas
Eu quérote infinito
Eu quérote
Oh, meu corazón

O anel da ladeira da colina coa liberdade do pobo
Ou podo escoitar o eco dos días do 39?
Con trincheiras cheas de poetas
O exército de andraxosos
Arranxando baionetas para atacar á outra liña
Bombas españolas sacuden a provincia
Estou escoitando música doutro tempo
Bombas españolas na Costa Brava
Estou voando nun DC 10 esta noite

Bombas españolas
Eu quérote infinito
Eu quérote
Oh, meu corazón

Cancións españolas en Andalucía, mandolina
Oh, meu corazón
Cancións españolas en Granada
Oh, meu corazón
Oh, meu corazón
Oh, meu corazón
etc.






mércores, 25 de novembro de 2015

Marabillas castrexas

Esta entrada decidín dedicala aos fantásticos tesouros castrexos e pre-históricos que foron atopados en terras galegas, contan con un valor inmenso xa que foron realizadas en ouro. Os castrexos eran uns grandes orfebres que deixaron un legado admirable.


torque de bisutería actual
torque castrexo de oro mazizo
Eu, como grande apaixonada das xoias vou facer una visión xeral de todos aqueles tesouros atopados especialmente na comarca de Ferrolterra. Aínda que estas xoias son pezas destinadas ao desfrute, exhibición, mostra do poderío, non teñen nada que ver co concepto que hoxe en día temos delas pero gostaríanme destacar que moitas pezas de xoiaría e bisutería actual están inspiradas nestas, como se pode observar nos torques, pezas castrexas por excelencia e que se atoparon en maior cantidade no noroeste e que varían según na zona xeográfica na que foron atopadas. Outro exemplo é, os aros (a cultura castrexa chamábaos arracadas) que moitos homes e mulleres utilizan como pendentes, xa foron elaborados polos castrexos cun valor simbólico ou de poderío, así tamén como colares, diademas. Os castrexos foron os primeiros xoieiros que traballaron en materiais tan valiosos como é o ouro e a prata e mantense case intactos ata hoxe.

martes, 24 de novembro de 2015

Na busqueda do castro perdido


Hoxe andamos de visita por San Sadurniño, o meu pobo natal. A maioria dos que ali vivimos descoñecemos a existencia de castro algún, pero a realidade é que a zoa do val do Xuvia debía de poseer grande importancia para os seus habitantes, xa que estructuraron un complexo defensivo para defendelo.Este complexo estaba formado por 5 castros situados en lugares elevados e de forma que nalgun caso existía un contacto visual directo entre eles.

Nesta imaxe observanse en vermello os puntos onde estaría situado un castro

Non me chames Halloween, chamame Samhain

Cada dia que pasa esta mais preto ese intre no que moita xente se disfrazará de mounstro ou de calquera cousa que lle faiga gracia e sairá pola noite, coa excusa de que é Halloween. Como ocorre con todo o americano o facemos noso en pouco tempo, e non nos importa que sea foraneo, simplemente porque o producto yankie "mola" mais.
Pero e si vos dixera que non é deles.Que ,como fan coa maioria dos seus éxitos internacionais, é unha tradición expoliada e renomeada que pertencía a todos os pobos celtas.Pero non lle vamos cargar con toda a culpa a os pobres yankies, xa que eles simplemente son uns ases da asimilación de culturas, como foron previamente os romanos e os cristians, que fan crecer un autodio nos pobos hacia a tradición autoctona e xa descoñecida que realmente idolatran se se esconde tras un pasaporte extranxeiro.

Símbolos das tradicións mais famosas adoptadas polos americanos

Os Lares. Unha tradicción galega?

O noso profesor díxonos que tiñamos que aprender a mirar o noso arredor doutra forma.Eu pensei que para facelo precisaba de informarme un pouco mais da mitoloxia celta porque asi comprendería mellor por que facían as cousas.Entre páxinas e blogs, vin escrita a palabra "Lar".Sabía que os Lares eran deuses romanos e preguntábame que terían os lares que ver coa tradicción celta. Seguin procurando información e dinme conta de que algo que endexamais relacionaria sequera con Galicia, tiña a sua orixe nela.

Lares romanos: deuses xeralmente adicados á protección dos fogares

O SAMAÍN (Ánxela Vázquez Dopico 2ºE)



É só unha lenda?

Vos deixo aquí o meu traballo sobre os mouros e o meu prezi:



Os mouros sempre foron una lenda moi coñecida en Galicia. Pero se fose só una lenda… por qué se fala tanto dela?

Calendario galego celta


Poño o meu traballo do calendario galego celta e inclúo o meu video:



mércores, 18 de novembro de 2015

A cultura castrexa.

Neste video que elaborei a partir de fragmentos do documental "El legado Celta" da Canle Historia poderedes apreciar como vivían os habitantes dos castros. Os seus costumes, tradicións, ritos ...


domingo, 25 de outubro de 2015

Un guerreiro ao carón do Miño

Xa comentamos que Galicia está ateigada de tesouros agochados dos tempos do megalitos ou castros. A nova desta semán foi o achádego no Castro de Santa Tegra da cabeza dun guerreiro castreño. Aquí podes ler a nova completa...

mércores, 14 de outubro de 2015

Viaxe á illa dos mortos

Xa avanzamos algo sobre o desleixo e descoñecemento dos galegos polo seu patrimonio. Os campos do Megalitismo son paisaxe en estado puro. Son o noso territorio mais mítico, as nosas "carreteras" e GPS da antiguidade remota, os nosos santuarios e necrópolis, as nosas referenzas e alicerces de hai 5.000 anos, .lugares que poderían seren unha atración turístico-cultural de primeiro nivel, mesmo internacionalmente: Das pedras tamén se come, e senon que llelo pregunten aos vecinos de Carnac ou Stonehenge.   

E si vos interesa esta etapa mítica da Galicia non deixedes de ver este extraordinario video persoal de Manolo Gago: "Viaxe á illa dos mortos". 

martes, 13 de outubro de 2015

Os mouros

Deixovos aquí un traballo sobre os Mouros de Natalia Porca, alumna de fai un par de anos hoxe flamante estudante de Comunicación Audiovisual en Compostela e xa case unha cineasta:

venres, 9 de outubro de 2015

Viaxe ao pasado

O outro en dia miramos en clase un filme -que considero extraordinario- no que pretendía ilustrar cómo as veces o que temos diante dos ollos pode conter o noso mais remoto pasado, neste caso as antigas comunidades agrarias. Faciámolo coa proxección de O carro e o home”, a biografía dunha tecnoloxía fundamental do agro galego, deseñado sen cravos ou puntas de ferro. Un exemplo no que puiderades entender que podemos traballar sobre o pasado a partires do presente. O dia da proxección Juan Carlos Martín Vez protestou porque non escoitaba ben o audio. Aí vai de novo para que o visualicedes na vosa casa ou nos móbiles e mesmo compartir en redes sociais esta peza clásica do cinema galego..



E se alguén quere entender a miña teima por este filme, pode ler aquí unha entrevista de fai un par de días no que explico un pouco mais  polo miúdo o por qué...


martes, 6 de outubro de 2015

Rumbo a Eirín

O historiador e novelista Xoán Bernardez Vilar escribiu en "Ouveade naves de Tarsish¡" unha epopeia marina sobre os primeiros intercambios comerciais entre fenicios e os primitivos habitantes de Galicia (Oestrimnios e Saefes). Aquí tes un fragmento no que narra a chegada do barco do protagonista (Fiomn) ao peirao fenicio de Bares antes de tirar rumbo norte cara Eirín (a actual Irlanda) alá polo século V AC.


"Fiomn gardouse de facer nengún comentario. Aínda lle estaban a tremer as pernas. E custoulle agabear logo ao mastro a desvelexar de novo, para poder seguir a aproveitar o vento. Pero xa podía dicir que pasara os Aguillóns. E polo medio. Cousa da que non todos os mariñeiros se podían gabar. Ás súas costas a auga saía con forza pola fura que arrastraba o penedo que acababan de deixar atras.
Os aguillóns, antes de Bares
 A outra embarcación aínda non chegara ao extremo dos recifes. Eles seguiron avante. Mais o Roxo non tirou os ollos dela ata que a viu domear a longa liña. Chovía con toda cando alcanzaron o novo cabo. A luz era xa escasa. Desde o pé daqueles acantilados a costa cambiaba subitamente de dirección e recuaba cara o Sul. Ate Fiomnse decatou de que acababan de pasar o extremo norte da Ofiusa. Navegando nesta nova dirección embicaron un esteiro que se abría ao pé do cabo. Enseguida xurdiu diante deles o porto, (de Bares) agochado polos montes e fechado por un impresionante dique de pedras.
Peirao fenicio de Bares
 As dúas embarcacións esbararon ao longo del e penetraron pola abertura que había no medio. Case non había luz para se orientar.  Eran bastantes os barcos que había a se bambear nas quedas augas do seu interior. Nas casas da praia había luces acendidas. Algúns homes baixaron ata ela cubertos polas súas corozas de palla, mentres eles afundían as súas proas na area, e axudáronnos a baixar a terra. 
Coroza de palla (1926)
   Aquela noite os homes de Abóbrigra durmiron en terra con bon lume e quentes.