venres, 4 de decembro de 2015

Si ou si

Esta é a historia do meu bisavó, que foi reclutado para exercer de Garda Civil durante os anos da Guerra en lugar de participar nela.

Vicente Martínez Abad naceu no ano 1911 no Viso pertencente a parroquia de Vilasantar na Coruña, casou con 22 anos con Concepción Platas Fernández nada tamén na mesma parroquia. A súa voda celebrouse tamén nese localidade.

Durante os primeiros anos de casados trasladáronse a vivir a Présaras onde o meu bisavó traballaba na terra e a muller traballaba na fábrica de liño de Présaras na que realizábanse colchas, alfrombras, sábanas...era propiedade dunha familia coruñesa pero máis tarde pasou a mans duns empresarios cataláns,  que anos despois como non marchaba como querían terminaron por plantarlle lume desaparecendo a fábrica por completo, polo que puido xubilarse pero moita xente quedou sen traballo. A maioría dos traballadores eran mulleres. Concha foi a primeira muller da familia en traballar de maneira remunerada.

Vicente, pola contra traballaba no campo e coidando os fillos. Tiveron seis fillos entre os que se encontra a miña avoa Celsa.

No ano 36 foi reclutado ao cuartel da Garda Civil de Touro (Arzúa) traballo que exercería pola forza e con gran pena por todo o que mandabanlle facer. Xunto cos seus compañeiros e dirixidos por un superior eran obrigados a vixiar as aldeas da zona en busca de xente contraria ao réxime, xa que moitos se escondían en palleiros, nas cuadras, nos hórreos, nos montes ou onde podían. 



Moitos veciños daban nomes as autoridades para facilitar o seu prendemento, aínda que outros axudaban a esconderse e a fuxir a pesar do risco que corrían de ser eles os delatados. Nesa zona andaba o Foucellas, un dos guerrilleiros mais coñecidos, e vironno nunha ocasión disfrazado de garda entrando na casa duns veciños a roubarlles. 

Meu bisavó contaba que un día mandáronlles ir en busca de escondidos e cando a él se lle asignou una zona dixéronlle: -Vicente, ó pallar! Como non lle quedaba, outra cumpríu a orde e cando entra, descobre que na parte de enriba había varios homes moi ben escondidos e a escuras entre as pallas. Deuse conta de que entre un dos homes que atopábase ali era un coñecido seu, Vicente reaccionou dicíndolles que por favor non fixeran ruído e que se calaran pois non estaba disposto a que a un  grupo de homes inocentes acabasen morrendo, saíu do pallar dicíndolle ao superior que alí non había nadie e durante días estuvo intranquilo e preocupado pensando que seria daqueles homes.

Por aquelas fechas a primeiros do ano 39 naceu a miña avoa, sendo a quinta filla do matrimonio e supuxo que porfín podía deixar a Garda Civil como levaba desexando dende o seu recrutamento. Sempre dicía que non nacera para exercer este traballo e menos o de deter xente por estes motivos. Voltou de novo ao traballo na sua casa de Présaras e a coidar os seus seis fillos sen nunca esquecer esos terribles anos nos que tivo que presenciar fusilamentos, inxustizas...O soldo que recibía traballando para o corpo era de 5ptas ao mes.

Tampouco esquecía o medo que pasaba exercendo ese traballo xa que algúns veciños sospeitaban de el como garda xa que crían que podía ser un dos que realmente predían a xente e ata chegaban a asustar a súa familia polo que a súa saia do corpo foi un gran alivio xa que el nunca comulgaría co réxime.
O cuartel na actualidade

Ningún comentario:

Publicar un comentario