venres, 4 de decembro de 2015

Historia de Evaristo Moreira Novo




Evaristo Moreira Novo nace na parroquia de Sillobre o día 22 de decembro de 1914. Fillo de Nicolás Moreira Lopez e de Andrea Novo Echevarria, nace no seo dunha familia moi humilde de pais labradores. Ten un irmá maior, chamado Antonio co que traballará posteriormente.

A sua infancia transcorre en Sillobre, no que o seu avó materno, Jose Novo, lle da clase , xa que este impartía clases na súa casa . Tamen tiña que traballar nas tarefas do campo para a subsistencia.





No ano 1936, con motivo da Guerra Civil, o Bando Nacional o chama ao fronte e ten que partir cara a guerra. Foi destinado en Teruel, donde estaban nun campamento dedicado a facer trincheiras para protexerse do bando Republicano. Destaca unha anécdota que él nos contaba na que facia moito frio e estaban ao lado dun río que se conxelaba e  se podia andar por el , e enton cando se peinaban os pelos se lles conxelaban de peinarse con auga.
Sobrevive a guerra e volve para a súa casa e comeza a traballar de ferreiro na propia casa con seu irmá. A forxa, daba cartos para sobrevivir.


No ano 1942 , despois de un tempo de mozos, se casa o 14 de febreiro dese mesmo ano con Maria Dolores Salgado Luaces, filla dunha familia con mais posibles e que non viu con bos ollos ese enlace por ser el unha persoa con menos medios.Vanse vivir os dous a casa dos pais del ese mesmo ano.

Retrato de Lola e Evaristo.


Tres anos despois nace o 1º fillo deste matrimonio, nace miña abuela, Mercedes Moreira Salgado. E os 17 meses nace o 2º, Antonio.

Miña abuela e o seu irmán Antonio.
.

A modo de anécdota compre destacar que foi un incansable membro da comision de festas do lugar, chegando a ser unhas festas moi destacadas na comarca pola Romería de san Ramón na que os “irmáns moreira” eran moi coñecidos pola subasta e puxa que se facia no descanso da festa con ofrendas como millo, mazás… que ofrendaban o santo.

O principal modo de alimentar a súa familia viña da forxa, que chegou a ser a única en Sillobre e a ser o seu traballo moi recoñecido e moi apreciado pola xente do lugar e da propia comarca, chegando incluso a abastecer unha ferreteria en Pontedeume. A forxa funcionaba por encargas, facendo carros, raños, martillos, fouciños e incluso os mangos dos aperos, que el mismo facia dun xeito curioso. Contabame que ia o monte e selecionaba os castaños pequenos e os doblaba para que tiveran unha curvatura para ser mais comodos traballando. Asi cando o castaño crecia era perfecto para unha picaña e poder picar o monte mais doado.




A forxa tiña gran actividade debido a súa calidade de obra, pero no ano 1969 a causa da morte do seu irmá cesa a actividade desta, ainda que se manten uns meses debido a unhas encargas.
Asi pois comeza a buscar traballo e entra a traballar na canteira do Reboredo en Sillobre, tendo un oficio similar o anterior, apuntando os barrenos e facendo cousas do gremio. Todo esto sempre combinado  co traballo na terra da casa e dos seus animais.
Traballa na canteira ata a sua xubilacion no ano 1976 aos 65 anos.
Despois da sua xubilacion levou unha vida tranquila na súa casa dedicado a súa horta, a atender os seus montes , a coidar os animaliños.
Disfrutando da súa larga vida, tivo 6 netos e 5 bisnetos. Mantivo unha vida tranquila e sin enfermedades notables , sendo unha persoa que nunca estivo ingresada nin perdeu a cabeza.


Foto de familia na boda do seu fillo.

O 1 de decembro de 2010 morre a súa muller Lola quedando el só na súa casa o coidado dos seus.
Finalmente a idade avanzada de 97 anos e conservando claridade abosoluta, morre o 6 de maio do 2012 na súa casa matriz en Sillobre.
Os seus restos descansan xunto os da sua familia no cementerio parroquial de Sillobre.

Familia Moreira Salgado.

Epílogo:

Sei que esta historia non ten grandes aventuras nin un gran heroe de grandes hazañas. Esta é unha historia simple, de un home que fixo a súa vida a pesar das dificultades e foi capaz de sacar adiante unha familia.
Mais que a  a nota que me poñan, valoro mais o bo rato que pasei recordando a sua vida e recordando anecdotas que el me contaba e que me contou miña abuela.

Mais que un traballo, gustariame que esto fose un pequeno, ainda que moi garimoso homenaxe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario