xoves, 3 de decembro de 2015

Mestura de ideas

Os deixo aquí o meu traballo:

Este traballo consiste nunha mestura de ideas, experiencias, que quero compartir con vós sen que se me quede nada por dicir.
  • Información atopada

Trás moito tempo de investigación, de revoltas, de papeleo, conseguín algunha información e algunha fotografía que proporcionoume a miña avóa. E como quedeime descontenta polo mal traballo sen información, vou poñer o que encontrei. 
Unhas fotografías que conseguín foi do meu bisavó paterno Mario Caneiro, que naceu en Ferrol e por él a miña familia acabou máis tarde toda en Ferrol, como xa contei anteriormente. 
Esta fotografía é das rondallas de Ferrol de 1936, uns meses antes de que estalase a guerra civil. 




É o home que está na parte esqueda, na primeira fila, no asento da dereita de todo.
Tamén outra foto que atopei do meu bisavó, que é o home da dereita.


E tamén a miña avóa gardaba un papel no que aparece unha frase que se dicía moito a escondidas na guerra civil, que explicoume que cita a moitas personas que participaron nela como forma de rirse deles.



Pero este traballo non é relacionado só co meu bisavó, tamén quero facer unha reflexión de por qué todos os meus compañeiros coma eu tiveron dificultades para facer este traballo.

  • ¿Por qué segue a ser un problema falar deste momento?



Pensei detidamente de por qué a miña avóa non quería contarme nada, sin que puxera datos no meu traballo, incluso tamén falaba co meu pai a escondidas do que pasou sen contarmo a min. Polo que reflexionei, penso que o medo que tiveron polos seus familiares do que pasaron lles impide falar con naturalidade. Incluso teñen medo das represarias que poderían ter se contaran como foron as cousas, como tiveron que axudar aos guerrilleiros, etc. Pero non o entendo, porque no século XXI ninguén, nin os avós, nin nós, deberiamos ter medo a que esas experiencias que tiveron sexan contadas e compartidas para que de verdade de unha vez saibamos unha version completa da situación que viviron. E por esta situación síntome moi disgustada de que seibamos a verdade a medias. 

Trás esta reflexión decido falar dun familiar máis cercano que é o meu avó xa que conto de máis información.

  • Vida dun avó calquera.


O meu avó Juan Cinza Martinez naceu o 7 de Xulio de 1941 en Ferrol, os seus paisCarmen Martinez (a miña bisavoa) e Juan Cinza (o meu bisavó) eran de Doso. Carmen morreu no parto, e só conservaron unha foto dela, que está en posesión da miña avóa actualmente.



Juan quedouse co seu pai, e este traballaba no antiguo bazán de Ferrol, de carpinteiro. Aos anos seguintes casouse cunha muller chamada Erminia, e anos depois tiveron unha filla chamada Mª Dolores, que foi a súa hermanastra.
Juan e Erminia foron do bando republicano, e como xa contei na entrada anterior disparáronlle nunha perna, e cando tiveron a oportunidade emigraron aMontevideo (Uruguay) e ademais na posguerra pasaron unha mala situación. 
Cando foron a Montevideo o meu avó Juan tiña 8 anos, e quedouse ata os 16 alí. O meu avó contaba que vivían moi ben, xa que o seu pai consiguíu un traballo de constructor, e chegou ata ter moitas propiedades e xuntarse con moito diñeiro. 
Un día Erminia, Juan e Mª Dolores quixeron volver xa que Juan tiña que quedarse alí polas posesións que tiña. Que xa ao pouco tempo falecería alí.
Ao volver a Ferrol o seu pai tiña firmado un papel conforme Juan tiña que cumprir o servicio militar, xa que era menor de idade, entón entrou na infantería de marina. Esta é a primeira foto que tivo no servizo.


Mandóronlle a San Fernando a facer un periodo de instrucción de tres meses. No que recollín unhas cantas fotos del.


É o home da dereita.



É o home que está de pé á esquerda.

Aos tres meses destiráronlle a Cartagena, e alí colleu a fiebre tifoidea e tivo que estar ingrasado bastante tempo no hospital. E por sorte conseguín unha foto do meu avó ingresado e podemos ver a mala situacións dos hospitais.


Cando cumpríu a maioría de idade decidíu marcharse, aínda que máis tarde arrepentiríase xa que recordou esa etapa con moito cariño, e fixo moi bos amigos.
Aos 25 anos, comezou a traballar de camarero nun bar de Ferrol, e un día na Cabana, o 13 de Xunio, era o patrón e asomouse cos seus amigos a unha muralla que tiña ventás (que agora xa non existe) e trás ela veu a unas mulleres, e nese grupo, estaba a miña avóa.
Aos 27 anos entrou na que é a bazán moderna como soldador, é ata aí comeza a súa vida e continúa a vida coa miña avóa ata chegar a min o día de hoxe.


Sén dúbida entre todas as vitudes que tiña, foi un home moi elegante e deu todo pola súa familia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario