luns, 11 de xaneiro de 2016

KAUFMANN


Do que máis me lembro cando pensó na miña avoa é de que senpre andaba a coser cousas. Adoitaba facer a súa propia roupa, pero incluso cando a mercaba tiña que desfacela para volvela a coser.
Un día pedinlle, cando eu era pequeña, que me ensinase a facer vestidos. Levoume á habitación onde gardaba a máquina de coser. Sentouse ao meu carón en ao longo da tarde aprendín como enebrar a agulla, como acender a máquina e como lograr que esta xuntase dúas pezas de tea como por arte de maxia.
Era un trasto vello, de iso estaba segura. Cravaba violentamente a agulla facendo moito ruído. Estaba toda pintada de cor negra e tiña unas pequeñas flores doradas debuxadas.
Anos despois escoitelle á miña nai que esa máquina podería ser unha peza de museo pola súa antiguedade. Picoume a curiosidade en comecei a indagar sobre a súa orixe.
Durante a primeira década do século XX a miña bisavoa emigrou a Arxentina para escapar da pobreza que afectaba a Galicia. Cando vivía en Bos Aires mercoulle unha máquina de coser, xa vella, a unha veciña que era Italiana. Ela dicía que o artefacto era orixinario de Alemania. Dende logo as súa marca, Kaufmann, asegura este dato. A bisavoa nunca tomara clases de costura, pero nesa época todas as mulleres tiñan unas nocións básicas.
Cando a bisavoa regresou de Arxentina levou a máquina á súa casa de Ferrol. Usábaa para facer os seus vestidos, cortinas, roupa de cama, etc.
No ano 49,cando a miña avoa casou, a máquina pasou a ser dela. A avoa si que tiña grandes habilidades na costura, pois aprendera de rapaza traballando para unha reputada modista. Miña nai lembra sentarse de nena para observar á avoa coser.
Moitos obxectos saíron de famosa máquina: os difraces que leva a miña nai nas súas fotos de nena, dúas colchas da miña cama, o meu camisón preferido, pantalóns do meu avo e incluso as velas dun barco.
Un día a avoa dixo que estaba cansa das patas da máquina porque era incómodas e estorbaban moito, así que mercou un moble de madeira moderno bastante feo. Os meus país recuperaron as patas orixinais e cunha losa de mármol fixeron unha mesa moi elegante. Pero cando eu nacín tiveron que quitarlle o pedal para evitar que me lastimase con el.
Hoxe en día a máquina debe de ter uns 150 anos e sigue a funcionar perfectamente.
Como dato curioso a miña nai contoume que, xunto coa máquina, a bisavoa trouxo un cepillo para a roupa. A pesar de ser de madeira non ten polilla e o meu avó segue a cepillar as chaquetas con el.

Ningún comentario:

Publicar un comentario