luns, 11 de xaneiro de 2016

A POLÍTICA EN FERROL


Poñerme a falar sobre os meus antepasados parecíame unha tarefa complicada. Aínda que a primeiros do século XX aconteceron importantes eventos hitóricos eu estaba convencida de que a miña familia os vivira á marxe. Eu pensaba: a que proletario lle interesa o que aconteza no país con tal de poder levar unha vida máis ou menos digna?

Dende nena oín falar dos meus avos e tataravós, quen traballaban nos campos e nas fábricas. Como a meirande parte da poboación da época pertencían ás clases baixas, eu seguía coa idea de que unhas persoas tan normais non poderían dar moito do que falar.

Intentei reconstruír a miña árbore xenealóxica, aínda así faltaban moitos nomes e non había a quen llelos preguntar. Xa asumindo que non podería seguir co meu traballo busquei na biblioteca o nome do meu bisavó materno. A miña nai dixérame que era un home interesado pola política, pero eu non tiña esperanzas de atopalo, pois vivira hai moito tempo nunha cidade pequena coma Ferrol. Tecleei o seu nome na Galiciana ou Biblioteca dixital de Galicia, onde se pode aceder a todos os periódicos galegos. Para a miña sorpresa, aparecían varios resultados.

Modesto Baamonde, o meu bisavó, formou parte do Partido Socialista ferrolán durante a República. Ferrol era a cidade galega onde máis peso tiña o PSOE, vixente dende 1891.
A Agrupación Socialista Ferrolana publicaba o xornal El obrero, no cal aparece mencionado o meu bisavó. Tamén sae noutras publicacións como el Ideal Gallego e El Pueblo Gallego. Estos periódicos datan, na súa maioría, dos tempos da República, pero o máis vello é do 1925. A súa lectura é ás veces aburrida e complicada, pero dan a entender que Modesto Baamonde era secretario e presidente do partido e que militaba xunto con Xaime Quintanilla, a quen estudei en literatura galega.

O meu bisavó ía encamiñado a ser alcalde no ano 36, pero morreu antes por causas naturais e non chegou a selo. Pódesde dicir que tivo sorte, pois no seu lugar estivo Quintanilla, quen foi fusilado tras o golpe de estado.


Busquei na casa a ver si con sorte atopaba algunha fotografía, pero non encontrei nada. Na foto máis antiga que vin estaba o ser fillo máis novo, o meu avó, xa de adolescente. Miña nai díxome que o meu visabó quería que o avó estudase dereito para que seguise as súas pegadas na política.

Persoalmete parecéronme moi importantes estes descubrimentos, pois ao publicar esta entrada no meu blog evito que o nome dun home influínte caia no olvido.



Ningún comentario:

Publicar un comentario