O historiador e novelista Xoán Bernardez Vilar escribiu en
"Ouveade naves de Tarsish¡" unha epopeia marina sobre os primeiros intercambios comerciais entre fenicios e os primitivos habitantes de Galicia (Oestrimnios e Saefes). Aquí tes un fragmento no que narra a chegada do barco do protagonista (
Fiomn) ao peirao fenicio de
Bares antes de tirar rumbo norte cara Eirín (a actual Irlanda)
alá polo século V AC.
"Fiomn gardouse de facer
nengún comentario. Aínda lle estaban a tremer as pernas. E custoulle agabear
logo ao mastro a desvelexar de novo, para poder seguir a aproveitar o vento.
Pero xa podía dicir que pasara os Aguillóns. E polo medio. Cousa da que non todos
os mariñeiros se podían gabar. Ás súas costas a auga saía con forza pola fura
que arrastraba o penedo que acababan de deixar atras.
 |
| Os aguillóns, antes de Bares |
A outra embarcación
aínda non chegara ao extremo dos recifes. Eles seguiron avante. Mais o Roxo
non tirou os ollos dela ata que a viu domear a longa liña. Chovía con toda
cando alcanzaron o novo cabo. A luz era xa escasa. Desde o pé daqueles
acantilados a costa cambiaba subitamente de dirección e recuaba cara o Sul. Ate
Fiomnse decatou de que acababan de pasar o extremo norte da Ofiusa. Navegando nesta
nova dirección embicaron un esteiro que se abría ao pé do cabo. Enseguida
xurdiu diante deles o porto, (de Bares) agochado polos montes e fechado por un
impresionante dique de pedras.
 |
| Peirao fenicio de Bares |
As dúas embarcacións esbararon ao longo del e
penetraron pola abertura que había no medio. Case non había luz para se
orientar. Eran bastantes os barcos que había a se bambear
nas quedas augas do seu interior. Nas casas da praia había luces acendidas.
Algúns homes baixaron ata ela cubertos polas súas corozas de palla, mentres
eles afundían as súas proas na area, e axudáronnos a baixar a terra.
 |
| Coroza de palla (1926) |
Aquela
noite os homes de Abóbrigra durmiron en terra con bon lume e quentes.