Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de xaneiro de 2016

"Encallados" en Ferrol

Un grupo de afeccionados ao cinema está a promover a estrea de “Encallados” en Ferrol. Como xa coñecedes a magnífica peli de Alfonso Zarauza pretendo invitarvos a que asistades a estrea e podades partillar un tempo co seu director no cinema Duplex o venres día 29 de xaneiro as 22.30. Podedes aconsellala aos amigos, noivos e noivas, e volvela a ver en pantalla grande e falar directamente co seu autor.. Aquí tedes toda a información para que podades reservar a vosa entrada.

Encallados from Fernando Alfonsin on Vimeo.

venres, 9 de outubro de 2015

Viaxe ao pasado

O outro en dia miramos en clase un filme -que considero extraordinario- no que pretendía ilustrar cómo as veces o que temos diante dos ollos pode conter o noso mais remoto pasado, neste caso as antigas comunidades agrarias. Faciámolo coa proxección de O carro e o home”, a biografía dunha tecnoloxía fundamental do agro galego, deseñado sen cravos ou puntas de ferro. Un exemplo no que puiderades entender que podemos traballar sobre o pasado a partires do presente. O dia da proxección Juan Carlos Martín Vez protestou porque non escoitaba ben o audio. Aí vai de novo para que o visualicedes na vosa casa ou nos móbiles e mesmo compartir en redes sociais esta peza clásica do cinema galego..



E se alguén quere entender a miña teima por este filme, pode ler aquí unha entrevista de fai un par de días no que explico un pouco mais  polo miúdo o por qué...


sábado, 26 de setembro de 2015

Xa está nos cinemas "El desconocido"

Algúns manifestachedes en clase o interés por saber algo do cinema galego. Pois chegou o momento de demostralo. Dende hoxe está nas salas de cine un filme integramente rodado en Coruña, "El desconocido". Unha peli de acción, de tema moi actual e ritmo trepidante -ao estilo dos trhillers americanos- desas que de seguro vos molan. O seu director, Dani de la Torre é natural de Monforte de Lemos e o equipo de rodaxe é galego, mais por cómo filmaron este filme, ben podería estar feito en calquera estudio de Hollywood. Si algún ou algunha de vos vai vela, non estaría de mais de que deixara escrito aquí un  comentario sobre o que lle pareceu.
Polo momento aí vai o trailer...