Amosando publicacións coa etiqueta fenicios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fenicios. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de outubro de 2015

Rumbo a Eirín

O historiador e novelista Xoán Bernardez Vilar escribiu en "Ouveade naves de Tarsish¡" unha epopeia marina sobre os primeiros intercambios comerciais entre fenicios e os primitivos habitantes de Galicia (Oestrimnios e Saefes). Aquí tes un fragmento no que narra a chegada do barco do protagonista (Fiomn) ao peirao fenicio de Bares antes de tirar rumbo norte cara Eirín (a actual Irlanda) alá polo século V AC.


"Fiomn gardouse de facer nengún comentario. Aínda lle estaban a tremer as pernas. E custoulle agabear logo ao mastro a desvelexar de novo, para poder seguir a aproveitar o vento. Pero xa podía dicir que pasara os Aguillóns. E polo medio. Cousa da que non todos os mariñeiros se podían gabar. Ás súas costas a auga saía con forza pola fura que arrastraba o penedo que acababan de deixar atras.
Os aguillóns, antes de Bares
 A outra embarcación aínda non chegara ao extremo dos recifes. Eles seguiron avante. Mais o Roxo non tirou os ollos dela ata que a viu domear a longa liña. Chovía con toda cando alcanzaron o novo cabo. A luz era xa escasa. Desde o pé daqueles acantilados a costa cambiaba subitamente de dirección e recuaba cara o Sul. Ate Fiomnse decatou de que acababan de pasar o extremo norte da Ofiusa. Navegando nesta nova dirección embicaron un esteiro que se abría ao pé do cabo. Enseguida xurdiu diante deles o porto, (de Bares) agochado polos montes e fechado por un impresionante dique de pedras.
Peirao fenicio de Bares
 As dúas embarcacións esbararon ao longo del e penetraron pola abertura que había no medio. Case non había luz para se orientar.  Eran bastantes os barcos que había a se bambear nas quedas augas do seu interior. Nas casas da praia había luces acendidas. Algúns homes baixaron ata ela cubertos polas súas corozas de palla, mentres eles afundían as súas proas na area, e axudáronnos a baixar a terra. 
Coroza de palla (1926)
   Aquela noite os homes de Abóbrigra durmiron en terra con bon lume e quentes.